OurenseÚltima hora

Aspamadis, unha empresa que favorece a integración sociolaboral de discapacitados

A sociedade, sen ánimo de lucro, foi creada por catorce discapacitados e as súas familias
A presentación de Aspamadis na CEO.

Catorce persoas con discapacidade intelectual e as súas familias puxeron en marcha a sociedade mercantil Aspamadis S.L., unha empresa sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo principal a busca de emprego para persoas que teñen algún tipo de limitación intelectual que, polas súas características persoais, familiares e sociais son susceptibles de acceder a un contrato de traballo.

A presentación tivo lugar hoxe, 25 de setembro, no salón de actos da Confederación Empresarial de Ourense, con presenza do secretario xeral da CEO, Jaime Pereira; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o xefe territorial da Consellería de Economía en Ourense, Santiago Álvarez; Fernando Garza, delegado de zona de Caixabank en Ourense, entidade que respalda esta iniciativa; e Manuel Martín, presidente de Aspamadis, que relatou as dificultades para poder formar esta iniciativa agradecendo o respaldo das entidades públicas e privadas.

Pero, sobre todo Martín amosou o seu agradecemento aos discapacitados, “verdadeiros protagonistas desta andaina, por tachar o ‘dis’ das vosas capacidades e camiñar pola vida sen medo e con actitude positiva”. O presidente rematou o seu discurso desexando que “este proxecto alcance plenamente o seu obxectivo e as persoas con discapacidade intelectual logren a plena integración na cidade de Ourense”.

Os obxectivos e retos burocráticos lograron a carreira para botar a andar a empresa, que comezou en marzo de 2016, cando xerminaron a idea de Aspamadis que dende xaneiro deste ano conta coa consideración do Centro Especial de Emprego, o cal significa un fito importante nas súas aspiracións. A día de hoxe, ofrece traballo a catro persoas, das que tres son traballadores con discapacidade intelectual.

Artigos relacionados

Back to top button