OurenseÚltima hora

Atopan un recén nacido nun contedor de Ourense

Un mendigo foi o que atopou ao meniño cando estaba a rebuscar entre o lixo
Contedores onde se producíu o achado na rúa Río Bibei.

Cara ás catro da tarde de hoxe, 17 de setembro, aparecía un bebé recén nacido nun contedor de lixo na rúa Río Bibei, en Ourense -preto da estación do Empalme-. Ao parecer, fóra un mendigo o que reaizou o achado cando estaba a rebuscar entre o lixo. O meniño foi atopado envolto nunha manta e co cordón umbilical.

Os servizos sanitarios achegáronse até o lugar e, despois de comprobar o estado de saúde do bebé, o trasladaron até o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense onde se fixeron cargo del. O recén nacido está fóra de peligro e a Policía xa se atopa investigando o caso.

 

Artigos relacionados

Back to top button