DeportesÚltima hora

O Auriense F.G. ponse a punto para o comezo de tempada

Os equipos masculino e feminino xogarán amigables contra Herdeiras de Dhais e Estrela Vermella

A derradeira fin de semana de setembro, o Auriense F.G., o único representante ourensán nas ligas masculina e feminina de fútbol gaélico de Galicia, comezará a tempada. Para iso, ámbolos dous equipos continúan preparándose con varios partidos previstos para os vindeiros días no campo de rugbi universitario.

Mañá, xoves 14 de setembro, enfrontaranse a Herdeiras de Dhais (Lalín). O equipo feminino de 21:30 a 22h. e o masculino de 22 a 23h. O sábado día 16 o rival será o Estrela Vermella (Santiago de Compostela). Os rapaces xogarán de 16 a 17h. e as rapazas de 17 a 18h. Ademais, a fin de semana do 23-24 de setembro, o equipo feminino viaxará a Irlanda a disputar un campionato internacional, onde compartirán xogo con equipos chegados de toda Europa.

Ao mesmo tempo, tal como adiantan dende o club ourensán, abriuse o prazo para a inscrición na escola deportiva universitaria de fútbol gaélico, “a única en Galicia, que pretende achegar o deporte ao colectivo universitario, promovendo os hábitos saudables a través do deporte e valores como o esforzo, compañeirismo, compromiso…”

 

Artigos relacionados

Back to top button