Coa participación na IV Copa Galega de Fútbol Gaélico Praia celebrada este sábado na Lanzada (O Grove), o Auriense FG comezaba a súa posta a punto para a tempada 2017-2018.
O equipo masculino, formado por Roi, Miguel, Adrián, Lois, Juan, Álvaro e Millán chegaba ata semifinais, onde caía derrotado por un combinado de Irmandinhos da Estrada, “actuais campións de Liga e Copa nun torneo impecable, cunha soa derrota na primeira fase”, explican dende o club ourensán.
Pola súa banda, o equipo feminino composto por Sabrina, Miriam, Mariví, María, Ana e Lucía, caía en cuartos de final, “aínda que realizando unha Copa moi interesante e obtendo o seu pase a través dunha repesca moi igualada”, puntualizan dende o Auriense.
Ao longo desta semana presentaranse, no Campus Universitario, os equipos ourensáns que competirán nunha primeira división que comeza a principios de setembro.