EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Autoescuela Valdeorras estrea instalacións na praza Maior do Barco

Teresa Crespo está ao fronte da autoescola e Jacobo Arias do centro de formación do transporte

Tres anos despois de iniciar á aventura na comarca nun local de aluguer sito na prada da Igrexa do Barco, os responsables de Autoescuela Valdeorras daban un paso máis, optando por un local propio no que comezan unha nova etapa. “En xuño fará tres anos que estamos traballando aquí e decidímonos a mercar un local acondicionado para poder ofrecer algo máis en canto a formación, en diferentes condicións ás que estabamos ata agora”, explica Jacobo.

En Valdeorras, o negocio que leva xunto á súa muller Teresa é máis coñecido polo servizo de autoescola e polo CAP (certificado de aptitude profesional), pero o traballo que desenvolven vai moito máis aló co obxecivo de configurar “un centro de formación de condutores” no seu más amplio sentido, con capacidade para todas as actividades relacionadas coa condución profesional, auxiliares e complementarias do transporte. Por iso, además dos permisos de conducir, están especializados en temas de condución e formación dentro da propia empresa, “importamos e deseñamos metodoloxías didácticas, mantendo en constante evolución e desenvolvemento, o estudo das necesidades e carencias do profesional no exercicio da súa actividade”, explican dende Autoescuela Valdeorras.

As novas e amplas instalacións están preto da anterior ubicación, na praza Maior Nº 6 baixo, no Barco de Valdeorras, e quedaban inauguradas o pasado 7 de abril. Ao fronte da autoescola está Teresa Crespo e do centro de formación, o propio Jacobo Arias, formador dentro e fóra de Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button