ConcellosGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Bágoas, coplas e chuvia na queima do Meco no Barco

A vila celebraba na noitiña do Mércores de Cinsa a despedida do Entroido co Enterro da Sardiña

Loito e candeas acesas rodeaban ao Meco, situado no centro da praza Maior do Barco. Entre tanto comezaban os preparativos para o peche definitivo do Entroido deste ano na vila na noitiña do Mércores de Cinsa. E tamén unha fina chuvia.

A cerimonia recreaba en clave satírica un enterro oficiado por un crego e varios monaguillos e incluía unha procesión con determinadas paradas nas que se ían recitando coplas en ton burlesco e mesmo cantando. Tras baixar pola rúa Escura, a comitiva regresaba á praza, onde se estoupaba e queimaba o Meco, símbolo da festa.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button