PolíticaÚltima hora

Baltar pide aos populares ourensáns “máxima atención” ás necesidades da veciñanza para futuras propostas de goberno

A xunta directiva do PPdeOU reuniuse hoxe coa presenza de Jesús Vázquez Almuíña, mebro do comité executivo do PPdeG
Rosendo Fernández, Manuel Baltar e Jesús Vázquez Almuíña.

O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, pediu hoxe, 19 de xullo, aos populares que escoiten aos seus veciños “para reflectir nas nosas propostas de goberno as súas necesidades reais, demostrando como xa vimos de facer que somos a única formación política que cre, pensa e actúa por e para Ourense”. Manuel Baltar lanzou esta mensaxe no decurso da xunta directiva que o partido celebrou esta tarde, coa presencia de Jesús Vázquez Almuíña, membro do comité executivo do PPdeG.

O presidente provincial reclamou a máxima concentración cara o inicio do próximo curso político. “O PP ourensán caracterízase pola súa continua acción política, aínda fora de procesos electorais -lembrou- pero agora xa é tempo de afondar neste labor e poñer a máxima atención nas necesidades dos nosos concellos e da súa veciñanza, escoitala e traducir as súas demandas en propostas de goberno”.

Manuel Baltar citou expresamente a necesidade de coñecer como perciben os ourensáns a prestación dos servizos públicos, “o que sen dúbida nos permitirá mellorar o noso labor á fronte dos gobernos locais e da Deputación, como concello de concellos que é”.

Os servizos públicos son, precisamente, un dos asuntos que o PP de Ourense está a incluir na orde do día das súas xuntas directivas, polo que nas últimas convocatorias está a convidar a membros do comité executivo do PPdeG con ampla experiencia nos mesmos.

Hoxe foi o turno de Jesús Vázquez Almuíña, que repasou aspectos básicos das infraestruturas sanitarias que se porán en marcha ao longo deste ano na provincia, así como as previsións para o próximo exercicio.

Vázquez Almuíña fálalle á militancia.

Artigos relacionados

Back to top button