PolíticaÚltima hora

Baltar pide “máis forza, participación e compromiso” aos afiliados para as municipais

O PP de Ourense celebrou hoxe a súa Xunta Directiva, á que tamén asistiu o membro do Comité Executivo do PPdeG, Román Rodríguez
Manuel Baltar, Román Rodríguez e Rosendo Fernández.

O PP de Ourense celebrou hoxe, 23 de maio, a súa Xunta Directiva, á que asistiu o membro do Comité Executivo do PPdeG, Román Rodríguez. Nesta cita, o presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, asegurou que o proxecto dos populares da provincia cara ás municipais de 2019 “precisa do compromiso de todos os afiliados”. Baltar pediulles máis forza, enerxía e participación na actividade política do partido.

O presidente do PP provincial fixo balance da “intensa axenda de reunións que as xuntas locais do partido están a celebrar por toda a provincia neste mes e que farán a próxima semana”. Un proceso, dixo, “que permitirá ser a única formación que dous anos antes das municipais xa teña deseñada a súa estratexia e designados aos seus cabezas de lista en toda a provincia”.

Este obxectivo, engadiu, “demostra que somos un partido ambicioso, sen complexos e de consenso, facendo da renovación unha premisa básica pero un proceso natural, moi lonxe de guerras internas”.

Pola súa banda, Román Rodríguez, membro do Comité Executivo dos populares galegos, trasladou a todos os presentes o “compromiso do PPdeG coa defensa e promoción do patrimonio ourensán”, destacando o firme compromiso do partido e do Goberno galego co expediente de declaración de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra, traballo que comezará este verán e se agarda que remate ao final da lexislatura, como primeiro paso para a candidatura desta zona como Patrimonio da Humanidade.

 

Román Rodríguez falou sobre a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Artigos relacionados

Back to top button