CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Banda de Música do Barco estrea repertorio no Concerto da Santa Rita

Cun pasodobre, “Amparito Roca”, comezaba a actuación que realizaba a Banda de Música do Barco no mediodía do 22 de maio con motivo da celebración da Santa Rita nesta vila valdeorresa. Numerosas persoas congregábanse na praza de José Otero para asistir a este concerto, retando así ao calor e ao sol.

Desta volta os músicos barquenses achegaban un variado repertorio que mantiña temas habituais como “Flash Dance”, “Pretty Woman”, “Mambo número 5” ou “No llores por mí Argentina”, pero tamén sorprendían ao público con novidades como “Mood Romantic” (Johan Njis) e “Abba Gold” (Ron Sebregts), ou, chegando ao final do concerto, “Umha noite en Lisboa” (fantasia alfacinha) de Álvaro Reis. Xa nos bises, e entre os aplausos do público, interpretaban “Banda Galega”.

Anteriormente, ás doce, a Banda de Música do Barco acompañaba á procesión coa imaxe de Santa Rita. Despois da misa, a partires da unha e media, comezaba o concerto. Os pais dalgúns dos rapaces da banda, expresaban ao remate da actuación o seu malestar polas condicións nas que se realizaba, xa que facía moito calor na praza e o sol daba de maneira directa tanto aos músicos como ao público. Tamén consideraban que debería terse pechado a praza ao tráfico rodado no momento do concerto.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button