CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Banda de Música do Barco, no acto do Día da Constitución en Ourense

Será a súa primeira actuación na capital da provincia e tocará no acto que se desenvolverá no Auditorio da cidade
A Banda de Música do Barco durante unha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.
A Banda de Música do Barco durante unha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nova cita co escenario dos integrantes da Banda de Música do Barco. Tras tocar no programa “Luar” da TVG o pasado venres, agora a formación barquense, que dirixe Manuel Prada Ramos, actuará por vez primeira na cidade de Ourense. Farao no mediodía do 6 de decembro no Auditorio con motivo do acto institucional de celebración do XXXVIII Aniversario da Constitución Española, no que se distinguirá aos alumnos premiados na 33ª edición do Concurso da Constitución.

Entre as pezas que interpretará a banda figuran varias bandas sonoras, xunto con “Cartoons” e “No llores por mí Argentina”, ademais dos himnos galego e español.

Artigos relacionados

Back to top button