ConcellosÚltima hora

A Banda de Música do Barco pon son ao Día da Constitución en Ourense

A formación que dirixe Manuel Prada actuaba no acto do XXXVIII Aniversario da Constitución Española na capital da provincia

Coas melodías interpretadas pola Banda de Música do Barco abríase o acto de celebración do XXXVIII Aniversario da Constitución Española no Auditorio de Ourense na mañá do 6 de decembro. Esta era a primeira actuación desta formación musical valdeorresa, que dirixe Manuel Prada Ramos, na capital da provincia. E nela tocaban pezas como “Cartoons”, “No llores por mí Argentina” e varias bandas sonoras.

A Banda de Música do Barco era tamén a encargada de pechar este acto institucional coa interpretación dos himnos galego e español.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información sobre o Día da Constitución en Ourense:
https://osil.info/ourense-conmemora-o-dia-da-constitucion-cun-solemne-acto/

Artigos relacionados

Back to top button