ConcellosÚltima hora

A XLV Festa do Peixe de Bande, do 20 ao 22 de maio

Música, gastronomía, deporte e os campionatos de caza e pesca copan o cartaz dos festexos
Imaxe do cartaz da Festa do Peixe.
Imaxe do cartaz da Festa do Peixe.

O Concello de Bande vén de facer pública a programación para a cuadraxésimo quinta edición da súa Festa do Peixe, que se celebrará do 20 ao 22 de maio. O cartaz concentra actuacións musicais, deporte, artesanía e, por suposto, gastronomía. Pero tamén organiza unha nova edición dos campionatos de caza e pesca.

A XLV Festa do Peixe de Bande, catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia, arrancará o venres día 20, cunha inauguración programada para as 20.00 horas na Praza da Constitución. Este acto estará amenizado pola Banda de Gaitas e Pandeiretas do Concello de Bande e as charangas Os Bandiños e BB+.

Na xornada do sábado 21, celebrarase durante todo o día o concurso de percorrido de caza para afeccionados. Será entre as 10.00 e as 13.30 horas e as 16.00 e as 20.00 horas. Para participar é obrigatorio inscribirse antes das 17.00 horas e estar en posesión da licencia federativa de caza, que se poderá obter no momento. En paralelo, tamén se organizarán as seguintes actividades:
– 11.00 horas: pasarrúas a cargo dos Gaiteiros de Cadós.
– 12.00 horas: gimkana fotográfica en familia.
– 12.00 a 22.00 horas: mercado de artesanía (Rúa San Roque)
– 17.00 horas: exhibición de patinaxe polos nenos de Bande e demostración de salto con patíns a cargo de Freestyle Slalom Vigo, no pavillón de deportes.
– 18.00 horas: competicións de carreiras de velocidade en patíns. Participarán os equipos: AEHDE Carballiño, Moaña Patina, FSV Vigo, FSV Pontevedra e Pavillón Bande, tamén no pavillón de deportes.
– 19.00 horas: actuación das charangas Compostela, Mekánica e sesión DJ a cargo de “Montamos la fiesta” (Praza da Constitución).
– 19.45 horas: espectáculos para nenos. “Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica” (salón de actos).
– 20.30 horas: entrega de premiso e trofeos dos distintos concursos e campionatos (Praza da Constitución).

No domingo 22 de maio celebrarase o campionato de pesca, para o que se require a inscrición previa. Esta deberase facer ás 8.00 horas. Para facela efectiva deberase entregar 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Polo demais, a xornada seguirá cos festexos:
– 10.00 horas: pasarrúas a cargo da charanga de Bande.
– 12.00 a 22.00 horas: mercado de artesanía (Rúa San Roque).
– 12.00 horas: procesión e misa solemne acompañada pola charanga de Bande e a Coral Camerata Auriense.
– 13.30 horas: concerto da charanga de Bande na Praza da Constitución.
– 17.30 horas: concerto de concertina a cargo do grupo Castrexos.
– 18.00 horas: concerto de acordeóns a cargo da asociación cultural Os Gandeiros da Baixa Limia.
– 18.45 horas: exhibición de zumba.

Ademais, durante todos os días poderán degustarse pinchos de peixe na Praza da Constitución. Tamén alí haberá unha mostra dos Peixiños.

Artigos relacionados

Back to top button