EconomíaEconomíaÚltima hora

Barbadás abre tres niñeiros para novas empresas a dez euros por mes

Esta iniciativa forma parte dun plan para impulsar o emprego na localidade e instalaranse no Centro Empresarial Transfronteirizo

img_5298

O Concello de Barbadás puxo en marcha tres niñeiros de empresariais para pólos a disposición de empresas e empregadores para que “logren facer realidade o seus soño a facilitar a súa implantación e despegue”. Así o explicou o tenente de alcalde, Xosé Manuel Fírvida, na mesa de debate organizada no acto de inauguración para falar de experiencias empresariais singulares que no seu día empezaron en niñeros e hoxe exportan a países estranxeiros.

Fírvida sinalou a “necesidade de colaboración das administracións públicas no fomento do emprego e no desenvolvemento económico”, aportación que nun contexto de crise económica e dificultades “faise imprescindible para o emprego e o emprendemento”, engadíu. É por este motivo que o goberno local de Barbadás, “dentro das nosas posibilidades”, tenta participar activamente para axudar a aquelas persoas que se atopen no desemprego facilitándolles formación. Por outra banda, no referente aos que optan polo autoemprego, a través deste programa o Concello tenta “facilitar a súa implantación e favorecer a creación de negocios en Barbadás”.

Para facer realidade este proxecto, o Concello de Barbadás fixo un plan de actuación co Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) “coa axuda da súa directora, Lucía Rodríguez”. Este plan está encamiñado en varias vertentes que abranguen a creación dunha oficinal de Promoción Económica de Barbadás, para tratar de dar emprego a persoas desempregadas do concello; redación dun plano de oportunidades en Barbadás, realizado en colaboración coa Universidade de Vigo e, en terceiro lugar, regularán unha liña de subvencións á creación de novas empresas ou negocios na localidade, dun máximo de 2.000 euros por negocio, de implantación en 2016 e que repetirán en 2017, informou Xosé Manuel Fírvida.

Na mesa redonda, que estivo moderada polo profesor Andrés Mazaira, participaron Luis Hermida Cachalvite Manzano, de Egatel; Gerardo Rodríguez Martínez, de Redegal e Nuria Sotelo Rodríguez de Profocus. Todos eles amosáronse firmes defensores dos niñeiros de empresariais. Os poñentes definiron esta iniciativa como un impulso que pode ser decisivo para axudar a consolidar os proxectos de emprendemento.

 

Artigos relacionados

Back to top button