EconomíaEconomíaÚltima hora

Barbosa deixa a presidencia da Cámara de Comercio de Ourense

Vén de emitir un comunicado no que explica a súa renuncia ao cargo na entidade cameral
Celso Barbosa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Celso Barbosa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras catro anos ao fronte da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, o empresario ouerensán Celso Barbosa vén de anunciar a través dun comunicado a súa renuncia ao cargo. “As miñas responsabilidades profesionais e persoais limitan en demasía o tempo que o meu labor como presidente esixe e é o meu desexo que nin a imaxe da Cámara de Comercio nin a súa pervivencia se vexan afectadas por iso”, explica.

Barbosa tamén amosa o seu agradecemento “ao apoio e a confianza que depositaron en min todos aqueles que me apoiaron e animaron no seu día para que aceptase este reto”, así como a “todos os traballadores da Cámara” polo trato “que me dispensaron e a súa sempre boa disposición ao traballo”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button