DeportesÚltima hora

O Barco acolle a quinta xornada da Copa Deputación de atletismo

Está prevista para o vindeiro sábado 21 de outubro nas pistas de Calabagueiros

 

Competición de categorías base nas pistas de Calabagueiros (O Barco)./ Carlos G. Hervella.

A partires das catro e media da tarde do 21 de outubro comezarán a desputarse nas pistas barquenses de Calabagueiros as diferentes probas da quinta xornada da XXXIV Copa Deputación de Atletismo. A competición incluirá as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

Entre as modalidades que formarán parte da xornada estarán os 50 ml, os 60 ml, os 80 ml, os 500 ml, así como lanzamentos de martelo e o salto de lonxitude.

Esta cita atlética será organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), co patrocinio da Deputación de Ourense. Do seu control ocuparase o Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button