EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco acollerá o encontro anual de blogueiros gastronómicos galegos

O 28 de outubro reuniranse unhas 50 persoas no xantar que terá lugar no Pazo do Castro
Cartel da xuntanza de blogueiros gastronómicos galegos.

O Barco de Valdeorras será, por primeira vez, sede do encontro anual de blogueiros gastronómicos galegos que se celebra dende hai seis anos en diferentes cidades de Galicia.

Ademais dos galegos, nesta sétima edición que terá lugar o sábado 28 de outubro, participarán por primeira vez varios blogueiros procedentes de Madrid así como unha de Asturias, reuníndose uns cincuenta afeccionados á cociña para “compartir tempo, coñecer e divulgar parte da gastronomía de Galicia, intercambiar opinións e gozar dunha xornada que tamén servirá de plataforma de presentación de produtos e empresas relacionadas co mundo gastronómico”, explica Mª Jesus Tato dende a organización.

A chegada dos participantes á xuntanza está prevista para as 10h. ao Pazo do Castro. Ás 11h. farase un percorrido polo Barco (Malecón e casco antigo) e ás 12h. visitarase a Adega A Coroa na Rúa. A partires das 13:30 h. regresarase ao Pazo do Castro onde se tomará un vermú e de seguido terá lugar o xantar, con produtos Galegos cedidos por marcas como Pesca de Rias, I.X.P Tenreira Galega, Conservas O Submarino, Vinos Celeiro, Galletas da Veiga, Lácteos Anzuxao, Bicas Manzaneda, Exclusivas Morales, Vermú Petroni, ou as adegas da D.O. Valdeorras: A Cora, Ruchel, Roandi e Godeval.

Artigos relacionados

Back to top button