EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco CCA sorteará 500 euros en material escolar na súa nova campaña de “Volta ao cole”

Desenvolverase entre o 4 e o 24 de setembro en todos os establecementos asociados a esta entidade

Ata o vindeiro 24 de setembro estará en marcha nos establecementos do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) a campaña “A volta ao cole máis xenerosa”. Trátase dunha novidosa iniciativa que xurde a raíz dunha idea da directiva, “sabendo que os gastos que ocasiona a volta ao colexio. O que pretendemos con ela é fomentar o consumo no Barco, promocionar os establecementos asociados ao CCA e premiar a fidelidade dos clientes”, explicaba na presentación desta proposta a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes.

Na campaña, que está destinada aos diferentes sectores integrados nesta asociación (comercio, hostalaría, servizos…), sortearanse cinco vales de compra por valor de 100 euros en material escolar. Para entrar neste sorteo, repartiranse 2.000 cartóns polos diferentes establecementos que os clientes terán que ir cubrindo.

“O cartón deberá completarse con 10 selos de, polo menos cinco establecementos asociados diferentes nos que se vaia comprando entre os días 4 e 24 de setembro. Despois, unha vez cuberto e cos datos da persoa, o cartón poderá depositarse nos negocios do CCA ou ben na urna que se instalará na oficina” desta asociación, segundo explicaba a vicepresidenta do Barco CCA, Ángeles Rodríguez.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button