Ademais de obradoiros e xogos, haberá exposicións de carácter medioambiental
No marco da campaña de eficiencia enerxética que está impulsando a Concellería de Medio Ambiente do Barco inclúese a celabración dunha “Feira do Sol”. Está prevista para o vindeiro 20 de agosto e terá como escenario a praia fluvial do Malecón, nas proximidades do Teatro Lauro Olmo da vila.
Desenvolverase en horario de 11h a 18h. e contará cnunha parte expositiva sobre temática medioambiental, e con outra parte composta por distintos obradoiros relacionados coa enerxía solar. Incluiranse xogos e malabares.