CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A barquense Alicia Alonso, galardoada no Festival de Curtas Armadiña de Poio

Conseguía este premio na categoría de mellor videoclip galego como directora do traballo “Non é verán de Estrella Damm” do grupo Ezetaerre
A barquense Alicia Alonso./ Foto: Carlos G. Hervella.

Acento valdeorrés na terceira edición do Festival de Curtas Armadiña, cuxa entrega de premios se celebraba o domingo 19 de novembro no Casal de Ferreirós de Poio (Pontevedra). A barquense Alicia Alonso García facíase co galardón ao mellor videoclip galego dos últimos dous anos por “Non é verán de Estrella Damm” do grupo Ezetaerre de hip hop.

 

Galardoados no Festival de Curtas Armadiña de Poio.

A valdeorresa, que non puido asistir á entrega de premios na que si estiveron os seus compañeiros de Ezetaerre para recoller o galardón, amósase moi satisfeita pola acollida deste traballo e polo recoñecemento. E máis tendo en conta que o xurado do certame nesta categoría estaba formado por rapaces do IES de Poio de 15 a 17 anos.

Este videoclip, que forma parte dun proxecto máis amplo realizado por Alonso, achégase de forma crítica á imaxe idílica que presentan os anuncios de cervexa sobre a xuventude durante o verán. “Tanto o videoclip como a letra da canción reinvidican que iso é algo que non se corresponde coa realidade”, sinala a directora barquense.

 

Imaxe inicial do videoclip dirixido por Alicia Alonso e premiado en Poio.

Artigos relacionados

Back to top button