ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A beira do Sil barquense no Porto da Barca estrea imaxe

A escolleira que ata agora se vía na orela do río Sil no casco antigo do Barco desapareceu. O Concello do Barco vén de realizar unha intervención nesta zona, no entorno do coñecido Porto da Barca, para acondicionala, cubrindo as pedras con terra. Deste xeito tamén suavizaba a verticalidade desta baixada ao río, para despois, sementala con vexetación.

A actuación, que duraba en torno a unha semana, remataba o 19 de xuño. Nesta galería de fotos pode verse a nova imaxe da zona, que cando medre a capa vexetal se cubrirá de verde.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button