OurenseÚltima hora

Benzo: “Ourense é un exemplo a nivel nacional do que é a renovación das infraestruturas culturais”

O Secretario de Estado de Cultura, Fernando Benzo, visitou hoxe as obras do complexo cultural de San Francisco na capital

A nova Biblioteca Pública, situada no complexo de San Francisco, estará operativa no verán do vindeiro ano 2018. Así o anunciou hoxe, 14 de setembro, o Secretario de Estado de Cultura, Fernando Benzo, durante a súa visita ás obras deste complexo. Pero antes diso, deixou a súa rúbrica e dedicatoria no libro de visitas do Concello e logo realizou unha visita privada polo Museo Arqueolóxico Provincial.

Benzo asegurou que este proxecto, no cal o Ministerio de Cultura vai investir máis de 4 millóns de euros, “avanza a bo ritmo”.  Polo momento, á Biblioteca o único que lle falta e a licitación do equipamento. Pero neste complexo tamén haberá un arquivo “no que no mes de xaneiro sacaremos a licitación das obras”, dixo, e varios espazos museísticos. En palabras do Secretario d Estado de Cultura: “Ourense é un exemplo a nivel nacional do que é a renovación das infraestruturas culturais”, e asegurou que a capital “será a envexa de moitas provincias en materia de cultura.

Neste mesmo senso, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, cualificou este proxecto como “o máis ambicioso e importante de Galicia a nivel cultural”. Segundo asegurou o rexedor municipal, Ourense “é a única cidade, a nivel España, onde podemos falar que hai tres proxectos en marcha ao mesmo tempo por parte do Ministerio de Cultura”. Vázquez reiterou que os prazos estanse a cumprir segundo o previsto.

Durante a visita, Fernando Benzo e Jesús Vázquez estiveron acompañados polo Subedelgado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; a delegada territorial da Consellería de Cultura, Luz Fernández, entre outros.

Texto e fotos: Carlos Asensio. 

 

Artigos relacionados

Back to top button