Galerías de fotosÚltima hora

Bernar Freiría presenta a súa novela “Triple juego en Cuba” en Verín

O acto ten sido organizado pola Biblioteca Municipal na tarde do 15 de setembro

Entre 1895 e 1898 transcorre a trama da novela “Triple juego en Cuba” de Bernar Freiría, catedrático de Filosofía e xornalista. Presentábaa na tarde do 15 de setembro nun acto organizado pola Biblioteca de Verín e que tiña lugar na Casa da Cultura. Nel o autor estivo acompañado polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e por Xesús Taboada Cid.

Esta é a terceira obra escrita por Freiría e nela relata as andanzas de Luciano “El Brega”, un mozo nacido nunha aldea ourensá e que logra moverse con gran facilidade entre os grupos que trataban de facerse co control na illa caribeña nese momento histórico.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button