Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Besteiro con Vázquez Barquero, no mitin socialista en Ourense

Tiña lugar na tarde do 21 de maio no edificio politécnico de Ourense
O candidato socialista á alcaldía de Ourense, na súa intervención no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato socialista á alcaldía de Ourense, na súa intervención no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicaba na tarde do 21 de maio en Ourense o papel dos socialistas como “o partido da Galicia real”, tamén “a Galicia das persoas ás que o PP defraudou e deixou tiradas unha vez acadado o seu voto”. Era unha das mensaxes que lanzaba no decurso central do mitin que se celebraban no edificio politécnico de Ourense para apoiar á candidatura do socialista José Ángel Vázquez Barquero á alcaldía de Ourense.

Vázquez Barquero, noutro dos momentos mitin./ Foto: Carlos G- Hervella.
Vázquez Barquero, noutro dos momentos mitin./ Foto: Carlos G- Hervella.

Ademais o secretario xeral do PSdeG reivindicaba a necesidade de continuar co proxecto socialista e chamou aos ourensáns a “non permitir que Feijóo substitúa un alcalde de todos os veciños por un amigo seu, dos que sabe que non se atreven a dicirlle que non”. E incidía en que “o PSdeG somos a única maioría de esquerdas que suma nos concellos para que o cambio chegue a toda a provincia. Por iso cómpre seguir cunha xestión socialista no concello e romper tamén a liña dinástica do Partido Popular que reina na Deputación e que Feijóo permite e admite como natural”, dixo o socialista, que incidiu en que “non se pode confiar máis no partido que traizoa aos que lle votan, non se pode confiar no partido que máis traizoa ás persoas”.

Besteiro co candidato socialista e con membros da lista deste partido na cidade de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Besteiro co candidato socialista e con membros da lista deste partido na cidade de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button