ConcellosÚltima hora

A Biblioteca de Verín afonda na vida de “Alfonso Graña: rei da Amazonía”

Desenvolverá ata o 31 de marzo un ciclo adicado a este emigrante ourensán que incluirá unha exposición, unha conferencia e unha proxección

 

Un visitante percorrendo a exposición fotográfica sobre Alfonso Graña na Biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.

Coa apertura da exposición fotográfica e temática “Alfonso Graña: rei da Amazonía”, a Biblioteca Municipal de Verín encetaba o 27 de marzo o ciclo de actividades adicado a este emigrante e explorador ourensán, proclamado “Rei dos Jíbaros”, co nome de “Alfonso I da Amazonía”, polas tribos Jíbaras, Aguaruna e Huambisa nos ríos Nieva e Santiago do Alto Marañón, e cun territorio superior a metade da Península Ibérica.

Ademais da citada exposición temática (27 ao 31 marzo na Biblioteca Municipal. Horario: 10:00h-13:30h/16:00h-20:30h), a Biblioteca tamén organizará unha conferencia do investigador Maximino Fernández (día 30 de marzo, ás 19.30 horas, na Biblioteca Municipal) e o visionado do Documental de RTVE adicado a Alfonso Graña (día 31, ás 19:30h, no Salón de Actos).

Este ciclo está promovido pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín e enmárcase dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Artigos relacionados

Back to top button