CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A Biblioteca de Verín conmemora as Letras Galegas na aldea lusa de Cimo de Vila

Esta actividade resultaba distinguida co galardón do Alto Patrocinio do Parlamento Europeo

Do outro lado da raia vén de celebrar a data das Letras Galegas a Biblioteca Municipal de Verín. O venres 19 de maio o persoal desta infraestrutura cultural, xunto con dez dos seus Voluntarios/as (nenos de 9 a 17 anos), atravesaban a fronteira portuguesa para celebrar unha sesión de contacontos e manualidades na aldea de Cimo de Vila da Castinheira (distrito de Chaves-Portugal).

Nesta actividade, dunha hora e media de duración, realizaban diversas manualidades (como unha galiña azul feita con materiais reciclados) e tiña lugar a lectura de contos en galego, en especial os de Carlos Casares, como é o caso de “A galiña azul”.

Esta iniciativa resultaba distinguida co galardón do Alto Patrocinio do Parlamento Europeo polo presidente desta institución, Antonio Tajani, quen comunicaba por carta que “a organización destes actos, ilustra a nivel local, o que é precisamente a Unión Europea, un continente onde as persoas están unidas pola súa diversidade cultural, e que a promoción da literatura galega e a diversidade lingüística, é o xeito de estreitar relacións e cooperacións transfronterizas entre nenos e xoves dos dous países”.

Unha vez máis, a Biblioteca do Concello de Verín volver ser recoñecida a nivel europeo polo seu labor de fomento da lectura o no eido do Voluntariado.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button