CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“Bidea”, de Mertxe Alonso, ofrece aos verineses unha “viaxe ao autodescubrimento”

A mostra estará exposta na Sala de Exposicións de Verín ata o 6 de setembro

Ata o vindeiro 6 de setembro poderá visitarse na Sala de Exposicións de Verín “Bidea. Unha viaxe ao autodescubrimento”. Trátase dunha exposición con diferentes series, nas que “tratei tanto o descubrimento da materia na pintura (os cadros máis abstractos),como un autodescubrimento persoal sobre os meus intereses artísticos e estéticos (as fotografías, ou unha arte máis figurativa)”, segundo di a súa autora, Mertxe Alonso.

A mostra abríase ao público na tarde do 16 de agosto nun acto que contaba coa presenza da artista, así como do tenente de alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo, e do alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso. Eran tamén numerosas ás persoas asistentes a esta inauguración.

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button