ConcellosÚltima hora

A borrasca Ana ao seu paso por Valdeorras

Os efectos da borrasca Ana deixábanse sentir na comarca de Valdeorras na tarde-noite do 10 de decembro. Pola tarde a intensa chuvia provocaba desprendementos na N-120 ao seu paso pola Rúa e xa pola noite os fortes refachos de vento partían algunha árbore na zona do Aguillón (A Rúa) e tamén en Viloira (O Barco), entre outros.

Na provincia de Ourense rexistráronse un total de 165 incidencias dende as oito da mañá do domingo, segundo O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. Entre os máis afectados están os concellos de Verín, Bande, Ourense e San Cibrao das Viñas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button