DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Bos resultados para o Salvour na 1ª xornada da Copa Deputación de Salvamento e Socorrismo

A júnior Andrea Bello, do club ourensán, participará no campionato de España de primavera a vindeira fin de semana en Madrid

Este sábado 22 de abril disputouse na piscina Pedro Escudero de Ourense, a primeira xornada da Copa Deputación Ourense de Salvamento e Socorrismo, na que os deportistas do Club Salvour, organizador do evento,participaron na proba de socorrista.

Tal como explican dende o club, os resultados máis destacados foron os de Olalla Iglesias Lozano na categoría alevín feminina, mentres que en alevín masculino Marcos Poza Guzmán quedou como primeiro clasificado seguido por Daniel Araújo Dapía e Sergio Pérez Merino. Na categoría infantil feminina destacou a participante Zaira García Villalonga e na masculina o primeiro posto foi para Álvaro Iglesias Lozano, o segundo para Hugo Estévez Crespo, o terceiro para Xoan García Cid e o cuarto para  Xenxo Fernández Fernández. Na categoría cadete feminina ganou Eva Feijóo Gómez seguida por Aldara Estévez Crespo e Aldara Nerea Vesprini Pérez. En cadete masculino o número un foi para Samuel Iglesias Méndez, seguido por Roi Naranjo Estévez e Martín Merino. Na categoría xuvenil venceron Silvia Quintela Álvarez e Álex Jiménez Iglesias, e na sénior feminina a mellor foi Ángela Dopereiro García. E xa na categoría máster feminina a ganadora foi Cristina García Colomo seguida por  Silvia Fernández López.

Ademais de continuar adestrando para as seguintes xornadas, os deportistas do club prepáranse para o campionato de España de primavera ques e celebrará a vindeira fin de semana en Madrid. Participará a júnior Andrea Bello Armada nas probas de 100 combinada, 50 rescate e 200 obstáculos.

Artigos relacionados

Back to top button