CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Brais Morán e a súa banda traen o seu traballo “Cruzando o eclipse” ao café cultural Auriense, este venres

Brais Morán e a súa banda.

Brais Morán abre unha nova etapa de concertos acompañado de Marcos Pazo na batería, Fran Sanz no Baixo e Manu Seoane nas guitarras. O cantante, ademais de ser coñecido como vocalista e guitarrista de banda “funk” Loretta Martin, actualmente vén de presentar o seu último traballo “Cruzando o eclipse”, que trae este venres ao café cultural Auriense ás 21:30 horas. A entrada terá un prezo de 6 euros.

Neste traballo pódese volver ver e escoitar unha grande parte do seu repertorio que inclúe novas cancións nun espectáculo de Rock cheo de influencias que levan marcando toda a súa traxectoria. Tras “Cruzando o eclipse”, que foi gravado nos estudios Abrigueiro, están nomes como Denís Morán e colaboracións con Belém Tajes, Claudia Morán e Fran Pérez “Narf”, co cal co-produciu o tema “Destino”, que abre o disco.

 

Cartel do Concerto.

Artigos relacionados

Back to top button