EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Brindes de viño novo en Punxeiro

Multitude de persoas se congregaban nesta localidade vianesa o 10 de outubro para sumarse á IX Festa da Vendima

Ameazaba chuvia, pero isto non impedía que foran centos as persoas que, ataviadas con pano e cunca, se concentraban na praza de Punxeiro (Viana do Bolo) na tarde do 10 de outubro. Este era o punto de partida da IX Festa da Vendima desta localidade. Alí tiña lugar a lectura do pregón, a cargo de Miguel G. Losada (da Saga), e unha homenaxe a un dos veciños do pobo que ten colaborado coa festa nos anteriores: Luis Herrera. “Gustaríanos que na décima edición poda estar repartindo viño porque este ano non poderá estar”, dicían dende a organización da festa. Os seus fillos, Alejandro e Mónica, recibían unha lousa pintada.

A partir de aí soaba a música de tres grupos: Os Bertolini (de Manzaneda), Fuego (charanga de Verín) e os Escachapeitos). Cada un deles dirixíase a unha adega das tres primeiras do percorrido. Tras eles, os participantes. Mentres tanto, das adegas ían saíndo bandexas e bandexas de variados pinchos, xunto con xarras de viño branco e tinto. Era o comezo dun roteiro que enchía de festa, xente e ritmo este pequeno pobo vianés. Ao redor das once da noite chegábase ata as últimas adegas. E entón mudábase de escenario. O público encamiñábase cara ao campo da festa para bailar ata a madrugada co son dos grupos Tekila e Yucatán. Esta IX Festa da Vendima será organizada pola Comisión de Festas de Punxeiro.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Mónica G. Bellver (foto número seis da galería)
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button