EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Brindes con viño valdeorrés na entrega dos XL Premios da Crítica de Galicia, en Vigo

Este acto, en cuxo xantar se sirxe Pagos de Galir, celébrase no Hotel Os Escudos de Vigo e reúne a máis de 360 persoas

Mencía de Valdeorras e branco de Rías Baixas. Son os viños elixidos para acompañar a entrega dos XL  Premios da Crítica de Galicia, que desenvolve a partires das 14h. deste 4 de novembro no Hotel Os Escudos de Vigo. Trátase dun tinto da adega barquense Virxe de Galir (con sede en Éntoma).

Entre os convidados a este evento, que inclúe un xantar no que se estima que participan máis de 360 persoas, están o alcalde do Barco e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo Rodríguez; o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Xosé Luis García Pando; así como os responsables da adega Virxe de Galir, entre outros valdeorreses. Tamén acudía o presidente do Parlamento de Galicia, o ourensán Miguel Ángel Santalices.

O menú do xantar incluía ensalada de queixo de cabra con polo de curral e vinagreta de marmelo, así como carrileiras de tenreira con pataca duquesa, acompañadas polos viños Pagos de Galir, Terras Gauda e polo escumoso As Laxas. De sobremesa tarta especial e mus de chocolate.

Fotos: Carlos Asensio.

Máis informción sobre o evento na seguinte ligazón:

https://osil.info/corenta-anos-da-critica-galega/

Artigos relacionados

Back to top button