ConcellosÚltima hora

A cabaleiría e a sección de motos da Guardia Real, no Barco

A visita está prevista para o vindeiro día 19 de maio

 

 

Ourense non será a única localidade na que a Guardia Real fará exhibicións. Como os diferentes corpos establecerán a súa base en diversas localidades da provincia, aproveitarán para amosarlle aos cidadáns o seu traballo. Por exemplo, o 18 de maio ás 18:00 horas, Xinzo de Limia acollerá un exercicio de escolta da Sección de motos, Guías caninos, Caballería e Artillería. Ese mesmo día a esa mesma hora, no Carballiño, haberá un pasarrúas de movementos floreados e unha Sección de motos.

Ao día seguinte, 19 de maio, Ribadavia acollerá un exercicio de Escolta da Caballería e Artillería ás 20:00 horas. En Celanova farán outro exercicio de escolta, ás 18:00 horas, os Guías Caninos e a Caballería e no Barco de Valdeorras farán un Pasarrúas de movementos floreados, Caballería e a Sección de motos, ás 18:00. Finalmente, o 20 de maio ás 11:00 horas, Verín acollerá ese exercicio de escolta da Sección de Motos, guías caninos, Caballería e Artillería.

 

Artigos relacionados

Back to top button