PolíticaÚltima hora

Caballero, o máis votado polos militantes socialistas do oriente ourensán

Un militante exercendo o seu dereito ao voto nas primarias socialistas no oriente ourensán./ Foto: A.R.

A falta de que se coñezan os resultados do escrutinio a nivel galego das primarias socialistas, no oriente ourensán o candidato que conseguía máis apoios nestes comicios era o vigués Gonzalo Caballero. Impoñíase en tres das catro mesas electorais da parte oriental da provincia ao ourensán Juan Díaz Villoslada.

Así no Barco (cun censo de 73 militantes) facíase con 31 votos fronte aos 12 de Villoslada, mentres que en Vilamartín (16 militantes no censo) o vigués conseguía 11 votos fronte a 2 do candidato ourensán. Tamén en Viana do Bolo (19 militantes no censo) Caballero sumaba 4 sufraxios e Villoslada 3. Sen embargo, na Rúa (con 22 militantes censados) era Villoslada o máis votado con 7 votos fronte aos 5 de Caballero.

Máis fotos e información:
https://osil.info/votacion-as-primarias-socialistas-no-oriente-ourensan/

Artigos relacionados

Back to top button