Calabagueiros acolle a VI Velada Vila do Barco

A cita deporita contou con loitadores de boxeo, grappling e K1 de Galicia, León, Córdoba e Portugal

As altas temperaturas marcaron tamén a VI Velada Vila do Barco que se celebraba na noite do 16 de xuño nun abafante Calabagueiros. Co pavillón convertido en ring, ao longo de máis de dúas horas desputáronse sete combates de tres deportes de contacto: Boxeo, Grappling e K1, cinco en categoría amateur e dous profesional con deportistas de diferentes puntos de Galicia, León, Córdoba e Portugal.

Un ano máis, a velada estivo organizada de forma conxunta polos clubs Mamba K1 de Ponferrada e Kick Boxing Valdeorras, coa colaboración da Concellaría de Deportes do Barco.

Entre os loitadores estaban os barquenses Javier Carriba, Felipe Morales, Noel Pita e José Manuel Tato, adestrados por Juan e Luis Pardo no Judo Club Vulcano de O Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil de xuño).

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies