DeportesÚltima hora

Camiñata da Mata, o 30 de maio en Trives

Esta actividade de sendeirismo será promovida polo Club Montaña Trives
Detalle do cartaz da ruta que organiza o Club Montaña Trives.
Detalle do cartaz da ruta que organiza o Club Montaña Trives.

Tras a boa acollida das rutas organizadas en marzo e abril, o Club Montaña Trives propón unha nova para finais de maio. En concreto a súa saída está programada para o día 30 ás 9:30h. dende a rúa San Martín. Terá un percorrido duns 22 km con saída de Trives e paso por Manzaneda, A Mata, a zona da Via Nova e, novo volta, á vila trivesa.

Tratase dunha camiñata de dificultade alta e cuxa chegada estimada se prevé para as seis da tarde, segundo se adianta dende a organización. Haberá un punto de avituallamento no Pendón (Manzaneda) e tamén se inclúe un xantar e visita á adega da Mata.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 28 de maio a través do correo electrónico club.montana.trives@gmail.com ou na Oficina de Turismo de Trives. O prezo da inscrición é de 5 euros para socios e de 10 euros no caso de persoas que non formen parte do Club Montaña Trives.

Artigos relacionados

Back to top button