ConcellosÚltima hora

Un camión queda atrapado na entrada de Pentes (A Gudiña)

Dende esta madrugada a entrada á localidade de Pentes (A Gudiña) está bloqueada por un camión. Ao parecer, o condutor deste vehículo pesado desorientouse por culpa da sinalización do desvío existente na A-56 polas obras de reforma do firme que se están realizando na autovía (en sentido Madrid).

O camioneiro saíu en Pentes e ao entrar no pobo e decatarse do erro, tratou de dar marcha atrás, pero ao facelo producíase unha avería que o obrigaba a quedarse nese punto. No intre de redactar estas liñas estabase á espera de que chegase unha grúa para poder retirar o vehículo da entrada de Pentes.

Artigos relacionados

Back to top button