En portadaÚltima hora

A campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA sorteará 1.000 euros en vales de compra

Ademais haberá cine infantil e a visita de Papá Noel ao Barco os días 23 e 24 de decembro
Iluminación de Nadal no centro do Barco o pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Un Nadal de xuntanzas: porque todos xuntos somos máis fortes”. É o lema da campaña de Nadal que promverán nas vindeiras semanas a Asociación Empresarial e Valdeorras (AEVA) e O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), que nesta edición contarán tamén co respaldo do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

“Queremos aportar un elemento de unión entre comercio e viño e lanzar unha mensaxe de unión empresarial aos usuarios e clientes de Valdeorras, de forma amable e próxima, aproveitando as festas navideñas”, sinalaba a responsable do sector Comercio de AEVA, Pamén Cruz na rolda de prensa de presentación da campaña, na que estivo acompañada pola presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, e polo presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando.

Un dos referentes desta campaña será o sorteo de 1.000 euros en vales de compra para investir nos establecementos participantes na campaña: 1 talón de 500 euros e 5 talóns de 100 euros. O sorteo realizarase o 18d e xaneiro. Ademais dentro da campaña tamén se procederá ao sorteo de 10 estoxos de viño doados polo CRDO Valdeorras.

 

A responsable do sector Comercio de Aeva, intervindo na rolda de prensa de presentación da campaña de Nadal de AEVA.

Nestas datas os comercios da campaña abrirán na tarde dos sábados (días 16, 23 e 30 de decembro) e os domingos 24 e 31 de decembro. E Papá Noel visitará O Barco. Así o día 23 de decembro ás 17h. estará no Paseo do Malecón e o día 24 ás 11h. na praza do Concello. Os nenos poderán facerse unha foto con el nun photomaton e levala ao momento.

Tampouco faltarán as proxeccións de cine infantil no Barco (para o cal os establecementos repartirán invitacións) e en colaboración con Cáritas promoverase unha campaña de doazón de alimentos e xoguetes para os nenos que asistan ao cine.

 

O presidente do CRDO Valdeorras, durante na presentación.

Nesta campaña de Nadal, en cuxa financiación colaborará o CRDO Valdeorras, o ambiente estará animado con megafonía (no Barco, A Rúa, Vilamartín e Rubiá) e as rúas e os escaparates vestiranse de festa. Neste senso, convocarase a través de facebook un concurso para que o público vote ao seu escaparate favorito e está en marcha o V Concurso de Decoración Navideña “Nadal nas rúas” no Barco, promovido por AEVA, O Barco CCA e o Concello, coa participación de 11 rúas.

Artigos relacionados

Back to top button