DeportesÚltima hora

O Campus Ourense Rugby gaña ao Oviedo por 55 a 14 puntos

O equipo celebrou unha presentación o pasado venres, 22 de setembro, das novas incorporacións estranxeiras
Foto de grupo na presentación da nova plantilla. // Foto: Carlos Asensio.

Inicio decisivo da temporada para o Ourense Rugby. Así o manifestou o presidente do club Juan Carlos Díaz, coñecido como “Juanqui”, o pasado venres 22 de setembro, na presentación do novo equipo que se realizou no Bar Tamarindo de Ourense.

Parece que os rapaces do campus entraron con bo pé na División de Honra B, a pesares de caeres contra o Durango na primeira xornada o pasado 17 de setembro. A xulgar polos resultados, as novas fichaxes estranxeiras para esta temporada foron máis que acertadas xa que o primeiro en tomar protagonismo contra o Oviedo na xornada do sábado, 23 de setembro, foi o neozelandés Jack Fallon.

O Campus está a coller folgos para a División de Honra.

Artigos relacionados

Back to top button