SanidadeÚltima hora

Carballeda de Avia camiñará contra o cancro o 21 de setembro

O Concello organizará, por sétimo ano consecutivo, unha andaina solidaria
Participantes na presentación./ Foto: cedida pola AECC de Ourense.
Participantes na presentación./ Foto: cedida pola AECC de Ourense.

“Camiñando contra o cancro”. Con este lema o Concello de Carballeda de Avia organizará a sétima edición da súa andaina solidaria. Partirá o vindeiro 21 de setembro ás 8:30 h. dende o Campo de Fútbol de “O Lodairo”. Nela os participantes poderán optar entre dúas rutas, “unha longa de 25 kilometros de dificultade media, e unha ruta curta de 10 kilometros tamén de dificultade media”, segundo se explicaba na presentación desta iniciativa benéfico-deportiva na mañá do 17 de setembro en Ourense. Nela contouse coa participación de Ángel Barba, axente de desenvolvemento rural de Carballeda de Avia; con Dora Gómez, presidenta da AECC Ourense; e con Martín e Miguel, voluntarios de Carballeda de Avia.

O custe da inscrición será de 6 euros, dos que 3 euros irían como donativo para axudar á Asociación Española Contra o Cancro de Ourense. Toda a información da andaina e as inscricións faranse a través do correo nntt@carballedadeavia.com ou nos teléfonos do Concello de Carballeda de Avia 669 35 65 42 – 988 48 70 00. O prazo de inscrición estará aberto ata o propio día da camiñata.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button