O Carballiño organiza un obradoiro de cociña saudable con postres de Nadal

A formación levarase a cabo nos centros de Santa Uxía e Señorín o 19 de decembro en horario de tarde

O obradoiro ten un límite de 20 prazas.

O Carballiño prepara para este Nadal un obradoiro de cociña saudable sobre repostería propia do Nadal. Este obradoiro está organizado pola concellería de Medio Rural, que dirixe Charo González.

Esta cita dsenvolverase o día 19 de decembro no local social de Santa Uxía, e o día 20 no de Señorín. Ambos obradoiros terán lugar pola tarde, de 16:00 a 19:00 h.

As persoas interesadas en asistir a estes obradoiros deberán inscribirse previamente chamando ao teléfono 662 920 244. Hai un número limitado de prazas, que é de 20 para cada obradoiro, polo que terán preferenia as persoas que formalicen antes a inscrición, pechándose o cupo ao acadar o límite das prazas.

Na área de Medio Rural do concello ofrecerase canta máis información se precise.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies