CulturaCulturaÚltima hora

O Carballiño presenta unha programación “para toda a familia” na LV Festa do Pulpo

Os eventos arrancan o 28 de xullo e rematarán o domingo 13 de agosto cunha verbena e o xantar a base do produto estrela da vila, o Pulpo á Feira
Diego Fernández, Francisco Fumega e Manuel Dacal. // Foto: Carlos Asensio.

A LV Festa do Pulpo do Carballiño xa ten confirmado o seu programa. Un calendario de eventos que arranca o 28 de xullo e remata o domingo 14 de agosto coa celebración do produto estrela da vila. O alcalde da vila, Francisco Fumega, presentou esta oferta como “un programa ambicioso para toda a familia”. Na presentación de hoxe tamén estiveron presentes os concelleiros de Turismo e Cultura, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente.

Este programa presenta dende música folk, rock, tecno, actividades para os máis cativos, pasarrúas con charangas, animación nas calles, concertos con cantantes de recoñecido prestixio a nivel galego e nacional, así como andainas ou exhibicións deportivas, entre outras moitas cousas. E tamén farán a tapa máis grande do mundo, un evento xa fixo no calendario da Festa do Pulpo.

Tanto pola mañá como pola tarde, O Carballiño celebrará a súa Semana Grande do Pulpo por todo o alto.

Para máis información, no vindeiro número impreso do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button