ConcellosÚltima hora

O Carballiño retrocede ao medievo esta fin de semana coa feira “A Liorta”

Os festexos arrancarán o venres, 21 de xullo, entre a rúa do Paseo, Praza Maior e Praza da Veracruz
As rúas da vila encheranse de ornamentación e espectáculos.

Feira medieval “A Liorta” comeza este venres, 21 de xullo, no Carballiño coa apertura dos postos do mercado, do rincón infantil, da mostra de aves de voo e diversos espectáculos de rúa. A feira desenvolverase durante toda a fin de semana ata a noite do domingo, 23 de xullo , entre a Praza Emilia Pardo Bazán e a Praza da Veracruz, e ofrecerá espectáculos de animación musical, de circo, de lume, exhibición de cetrería, combates e representacións teatrais, que se sucederán dende a mañá ata a noite, cada 20 minutos aproximadamente, na rúa do Paseo, Praza Maior e Praza da Veracruz.

Tanto as rúas como os locais de hostalería contarán cunha ornamentación de estilo medieval, con bandeiras e estandartes, así como outro tipo de elementos que farán retroceder aos tempos nos que O Carballiño era un lugar de feira moi codiciado polos poderes da época, fundamentalmente, o mosteiro de Oseira, a Encomenda de Beade e San Martín Pinario.

Artigos relacionados

Back to top button