Galerías de fotosÚltima hora

Carlos Blanco conecta co público valdeorrés

O humorista galego achegou as súas historias ata a sala Baranda do Barco

O humor e algo subxectivo. A historia que para uns é moi divertida, para outros é máis ben sosa. O mesmo ocorre coas persoas. Quen para uns pode ser gracioso para outros non, resultando moi difícil atopar o equilibrio que fai dun humorista, un artista da risa.

Ese equilibrio é o que consegue o polifacético Carlos Blanco (cómico, actor, presentador, locutor…) natural de Vilagarcía de Arousa, todo un especialista en contar historias que enche os locais aos que vai e, en maior ou menor medida, fai rir ao público cada que vez que se sube a un escenario. Só ou acompañado.

Na noite do 9 de xaneiro, era o escenario do Baranda ao que se subía, e o público valdeorrés o que disfrutaba dunha hora e media de espectáculo. Moita improvisación (as táboas que lle dan a experiencia), sabendo levar a historia cara un ou outro camiño en función do público, grandes doses de imaxinación e o complemento da música, foron os ingredientes que fixeron do monólogo de Carlos Blanco no Baranda, todo un éxito.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button