CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Carlos Revuelta presenta no Barco a súa última obra poética

O acto tiña lugar na sede do IEV, na Casa Grande de Viloira e contou coa presenza do Conselleiro de Cultura

Como moitas, senón a maioría das súas poesías, “Mujeres infinitas” está adicado á súa muller, a súa compañeira, o seu amor, Raquel “polas infinitas mulleres que atesoura”. É tamén a que dá título a un dos dous poemarios que na tarde do 19 de setembro, Carlos Revuelta (médico de familia no Barco de Valdeorras) presentaba na Casa Grande de Viloira.

Organizado polo IEV e presentado polo seu presidente Aurelio Blanco, o acto contou coa presenza do conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria Román Rodríguez e do propio autor, quen explicou que malia non estar de moda “a poesía é necesaria para o poeta e tamén para a propia sociedade, para ter motivos polos que seguir loitanto”.

O último traballo poético de Carlos Revuelta, “Tercera persona/Mujeres infinitas” consta de dous textos escritos entre os anos 2001 e o 2004. O primeiro “escribino coma se o autor (eu) fose un observador alleo ao protagonista, que ás veces son eu e outras non”, dixo Revuelta na presentación. O segundo, está construído “en torno á persistencia do amor a unha soa muller, a miña muller, como esencia da miña forma de vida”, asegurou diante dun numeroso público que non quixo perder a oportunidade de facerse cun exemplar adicado.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button