ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Casaio celebra o día grande das Festas do Corpus

A orquestra Aché actuará hoxe en sesión de tarde e verebena

O Corpus Christi é unha data que celebran con solemnidade na localidade de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Organizada coma sempre pola Xunta de Montes en Man Común, a festa en Casaio comezaba o venres 16 de xuño pola noite coa actuación da discoteca móbil Venus Dibao de Ponferrada pero é hoxe, sábado día 17, cando ten lugar o día grande.

A charanga Los Trasnochadores de León foi a encargada de anuncialo cun pasarrúas polo pobo así como o acompañamento musical da procesión que percorreu, baixo un intenso sol, as rúas da localidade. Tal como explica o párroco Juan José Prieto, ao tratarse dunha celebración sacramental, primeiro tiña lugar a eucaristía prevista para as 12:30h. para continuar coa procesión. Pola tarde haberá xogos infantís para os máis pequenos.

No apartado musical atopamos un dos principais atractivos das festas: a actuación da orquestra Aché, unha das máis destacadas do panorama galego que chegará a Casaio para facer bailar aos asistentes ata altas horas da madrugada. A festa rematará mañá domingo 18 de xuño, coa actuación dun trío musical en sesisón de tarde longa, sen verbena.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button