ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Castañas Rafael estrea instalacións no polígono de Rubiá

Esta empresa, que se adica á comercialización de castaña en fresco, inauguraba as súas novas naves o 25 de setembro

Moito máis espazo e maquinaria de última xeración. Castañas Rafael estrea novas instalacións, que ocupan unha superficie de máis de 7.000 metros cadrados no parque empresarial de Rubiá. Con elas a empresa pretende “buscar a maior calidade posible dentro da castaña en fresco. Estas naves están acondicionada ás últimas tecnoloxías que existen agora mesmo en castaña”, destaca Juan Fernández, un dos propietarios de Castañas Rafael, empresa amparada pola IXP Castaña de Galicia.

O acto inaugural das instalacións desta empresa valdeorresa tiña lugar na tarde do 25 de setembro e contaba coa asistencia de proveedores, produtores e traballadores, entre outras persoas. Tamén acudían membros da Corporación municipal de Rubiá, entre eles o seu alcalde, Elías Rodríguez, que calificaba de “modélicas” estas novas instalacións.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button