CulturaCulturaÚltima hora

Castrelo de Miño organiza un obradoiro de iniciación ao audiovisual

O curso será cada sábado e nel aprenderán as técnicas de guión, produción, rodaxe e montaxe e, ao final, proxectarase a curta “Share o no Share” de Juan Hervella- Rego

Mañá sábado, 23 de setembro, arranca en Castrelo de Miño o “Obradoiro de iniciación ao audiovisual: crea a túa propia curtametraxe”. Cunha duración de catro sábados, entre mañá e o 14 de outubro.

En horario de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 20:00 horas cada xornada, neste obradoiro teórico-prácitco o alumnado aprenderá a realizar unha produción cinematográfica. O programa está deseñado por profesionais do mundo audiovisual co obxectivo de dotar co obxectivo de dotar aos asistentes coas técnicas e ferramentas elementais de como realizar un filme, xa sexa curtametraxe ou longametraxe, que coñezan as etapas que compoñen a rodaxe e graven a súa propia produción, que por razóns obvias será unha curtametraxe.

O curso arranca cunha primeira sesión para coñecer a estrutura do guión cinematográfico e as súas técnicas de desenrolo, pretendendo que os propios estudantes constrúan, a partir dunha idea, o seu propio guión. Tras iso, no primeiro día en horario de tarde, farán o traballo de produción. Nesta parte do obradoiro, familiarizaranse co guión xa escrito, aprenderán a planificar a rodaxe segundo o obxectivo da produción e coñecerán as súas necesidades.

O segundo día aprenderan os diferentes aspectos técnicos para a rodaxe. Coñecementos sobre a cámara que van utilizar ou a iluminación axeitada para cada escena. Tras iso, pola tarde, farán os últimos ensaios para ter todo a punto para a rodaxe, que se fará o terceiro día de curso pola mañá. Finalmente, a sesión final rematará coa montaxe e, ao remate, proxectarase a curtametraxe “Share o no Share”, dirixida por Juan Hervella- Rego, gañador do premio ó mellor director no Festival de Cans e ó mellor guión no 12 Months Film Festival de Romanía. Está protagonizada, entre outros, por Luis Tosar, Luis Zahera, Isabel Blanco,Ruth Sabucedo e o propio Juan Hervella-Rego, unha curtametraxe de acción que se prolongou durante 8 anos de rodaxe.

Cartel do obradoiro.

Artigos relacionados

Back to top button