EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata de Gallaecia no CRDO Ribeiro

O panel de cata da asociación valoraban un total de 116 mostras de cara ás Distincións Gallaecia 2016
Botellas da cata na D.O. Ribeiro.
Botellas da cata na D.O. Ribeiro.

A Asociación de Sumilleres Gallaecia continúa o seu percorrido polas denominacións de orixe galegas de cara a seleccionar os viños que nesta edición estarán na final das Distincións Gallaecia. Na xornada do 11 de xullo visitaban á sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Alí un panel de 16 catadores valoraban 116 viños: 84 brancos, 31 tintos e un tostado.

As Distincións Gallaecia veñen celebrándose dende hai 18 anos e contan co recoñecemento de “Concurso Oficialmente Reconocido por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente de España”, ostentando o récord de participación de marcas neste tipo de concursos de ámbito autonómico.

Un dos momentos da cata da Asociación de Sumilleres Gallaecia na D.O. Ribeiro.
Un dos momentos da cata da Asociación de Sumilleres Gallaecia na D.O. Ribeiro.

Esta cata permítelles ademais aos sumilleres “ter unha amplia visión da D.O. e incorporar novas referencias ás súas cartas de viños”, explican dende Gallaecia. No caso da cata do Ribeiro, os catadores destacaron “a gran variedade de estilos de viños brancos e sorprendeulles gratamente o espertar dos seus tintos”, segundo a asociación.

Asemade, despois da cata, os sumilleres puideron intercambiar impresións do bo momento que viven os viños do Ribeiro e coñecer as diversas marcas e adegas que están xurdindo nesta zona no decurso dun almorzo co presidente do C.R.D.O. Felicísimo Pereira, a xerente Cristina Alcalá, a directora técnica Nuria Álvarez e o técnico Serafín Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button