EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Cata feminina de escumosos en Fragamoura, na Rúa

Ten sido organizada por esta adega da D.O. Valdeorras e nela participaban unhas 200 mulleres desta comarca ourensá

A adega valdeorresa Fragamoura reunía a finais de novembro a unhas 200 mulleres nas súas instalacións, situadas na zona ruesa de A Coroa. Nela tiña lugar unha cata do escumoso de godello Chris, que se servía acompañado de diversos e variados pinchos. A degustación foi dirixida pola enóloga e propietaria da adega, Cristina Murga.

Esta é a segunda cata feminina que promove Fragamoura en Valdeorras. A primeira tiña lugar o pasado ano no Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button