EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata-maridaxe co sumiller Bruno Lovelle, no Barco

Terá lugar o 17 de abril no Restaurante Fernando II e será organizada por Enoturismo Galicia
Detalle do cartaz desta cata que Enoturismo Galicia organizará no Barco.
Detalle do cartaz desta cata que Enoturismo Galicia organizará no Barco.

Os afeccionados ao mundo do viño poderán participar o vindeiro 17 de abril nunha “Cata de viños e maridaxe” que se celebrará no Restaurante Fernando III do Barco. A iniciativa será organizada por Enoturismo Galicia.

Primeiro realizarase unha cata comentada cos participantes e posteriormente terá lugar a cata maridaxe. Cataranse tres viños da D.O Valdeorras e acompañaranse dunha maridaxe por cada viño. O prezo para inscribirse é de 37 euros por persoa. Inclúe Guía de Maridaxes e Guía de Cata. Aínda quedan prazas libres para poder inscribirse.

Máis información en: http://www.enoturismogalicia.es/es/rutas/cata-de-vinos-y-maridaje-51

Artigos relacionados

Back to top button